Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista Burela organiza a “Machada do 2015” para o sábado día 1 de agosto

Burela, 28 de xullo de 2015.- O Club Ciclista Burela organiza a MACHADA DO 2015 para o sábado día 1 de agosto.

Esta actividade xa a levan facendo varios anos e consiste en facer unha ruta en bicicleta de montaña cunha dificultade física e técnica moi grande.

En anos anteriores fixeron rutas a San Andrés de Teixido, As Pontes de García Rodriguez, e o ano pasado fixeron unha ruta de 24 horas por 9 dos 15 concellos que forman a Mariña.

Este ano farán a ruta dende Burela ata o Club Fluvial de Lugo na capital da Provincia, sairán as 6:30 horas de Burela e a ruta pasará por Foz, Vilamar, alto da Cadeira, A Pontenova, Meira pola serra de Meira e o pedregal de Irimia (nacemento do río Miño), Mosteiro (Pol) e teñen previsto chegar o Club Fluvial de Lugo as 20:30 horas, a ruta ten 135 kilómetros e 3.650 metros de desnivel positivo o que supón que sexa calificada de grande dificultade ou sólo para expertos no mundo do btt.

Este ano tamén farán o mesmo día unha ruta en bicicleta de estrada saíndo de Burela as 13:00 horas e tendo previsto chegar a entrada de Lugo a mesma hora que os de btt para facer un percorrido pola cidade da muralla e rematando no Club Fluvial donde lles facilitaron poder ducharse e a continuación degustar unha merecida cea nun restaurante da localidade. Ó remate da cea regresarán ata Burela en autobús.

Dende o Club Ciclista Burela queren agradecer o Club Fluvial de Lugo a deferencia que tuvo con eles ó cederlles as instalacións para poder asearse ó remate das dúas rutas.

Estas actividades son organizadas pensando no disfrute e na confraternización que proporciona ós socios do Club estas rutas de moitas horas e dificultade máxima, xa que contan coa experiencia dos anos anteriores.

Exit mobile version