Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela tentará ofrecer o mellor servizo de vixilancia nos areais a pesar de contar con 2 socorristas menos

Burela, 20 de xullo de 2015. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que era intención do Concello contratar a dous socorristas máis para vixiar as praias de Burela, pero “por impedimento legal, iso non se pode facer”.

O rexedor lembra que “Burela debería contar con 10 socorristas, pero este verán só temos 8, a través dunha subvención concedida pola Xunta. Por ese motivo só contamos con ese número. E nós non podemos realizar as outras dúas contratacións pendentes”.

Alfredo Llano lembra que “a pesares de todo iso tentaremos ofrecer o mellor servizo posible aos veciños e ás veciñas de Burela e aos usuarios dos nosos areais. As praias atópanse ben para o uso e goce das mesmas”.

Exit mobile version