Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo convoca axudas para compra de libros e material escolar destinadas a familias do municipio no 2º ciclo de educación infantil

Cervo, 23 de xullo de 2015.- O Concello de Cervo convoca axudas para a compra de libros e material escolar de alumnas e alumnos do 2º ciclo de educación infantil matriculados nos centros escolares públicos do municipio para o curso 2015-2016. Están destinadas ás familias do concello que teñen máis dificultades para afrontar estes gastos.

A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, explicou que “as axudas poden ser de 130 euros ou de 100 euros por alumno ou alumna, dependendo da renda per cápita da familia. Para esta iniciativa o Concello de Cervo destina un total de 5.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cervo empezou hoxe, xoves, e rematará o 24 de agosto”.

Dolores García destacou que “esta iniciativa, que o Concello de Cervo, ten en marcha dende hai anos, demostra que este goberno municipal segue apostando pola educación, xa que é algo que nos importa moito e por iso a estamos apoiando deste xeito, por exemplo. Como novidade, nesta ocasión dende a Delegación de Educación do Concello de Cervo estamos enviando aos domicilios de todas as familias dos nenos e nenas matriculados no ciclo de Infantil cartas con toda a información sobre esta convocatoria e a folla que teñen que cubrir para solicitar estas axudas”.

Exit mobile version