Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá acollerá cursos de ESO para maiores de 18 anos a partir de setembro

Lourenzá, 21 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá vai acoller dende o mes de setembro clases de ESO para maiores de 18 anos, especialmente pensadas para todos aqueles que desexen sacar o título oficial nun ano.

As clases están organizadas polo Espacio Garabatos e na súa posta en marcha colabora o Concello de Lourenzá, o que permite uns custes máis económicos para os alumnos.

Os interesados poden atopar máis información dirixíndose á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 17 a 20 horas durante este mes de xullo, pois en agosto estará pechada. Outras opcións son o correo electrónico formación@espaciogarabatos.com e o teléfono 693.06.53.74.

Exit mobile version