Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo agradece ós veciños do Coto e a colaboradores a limpeza da piscina fluvial

limpeza-praia-mondoMondoñedo, 2 de xullo de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Servizos Sociais, Urbanismo e Obras, José Otero Rejes, quixeron agradecer a implicación e o traballo dos veciños do Coto e doutros colaboradores que realizaron actuacións de limpeza na piscina fluvial e na área recreativa da “Fervenza”.

Puxeron en valor o compromiso amosado polos veciños que se implicaron na limpeza e desbroce dos terreos dos arredores da piscina fluvial; así como nas tarefas dirixidas a sanear e a encher de auga a piscina.

Deste xeito, Candia e Otero Rejes agradeceron a implicación de todos os veciños que se involucraron na potenciación e limpeza desta área que permite que poda estar aberta ao público, para o goce e desfrute dos mindonienses

Desde o Concello reiteran a disposición por seguir colaborando con todo este tipo de iniciativas que, froito da vontade e voluntariado veciñal, fan posible o uso público dun espazo de grande importancia lúdica e natural que de seguro que fará as ledicias de grandes e pequenos ao longo deste verán.

Exit mobile version