Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo desenvolverá un variado programa de actividades durante os xoves e domingos de agosto

Mondoñedo, 29 de xullo de 2015.- O Concello de Mondoñedo desenvolverá durante o mes de agosto un variado programa de actividades, que se celebrarán os xoves e os domingos, e que inclúe dende actividades de entretemento e lecer para os máis novos da casa ata a posta en valor dos produtos da horta do municipio.

En concreto, a programa coñecido como Xoves Movidos ofrece distintas alternativas para entreterse en Mondoñedo, especialmente os pequenos, dende karaoke, a contacontos ou outros xogos alternativos. As actividades a desenvolver son as seguintes:

Xoves 30 de xullo
18:00 horas. Karaoke e xogos alternativos. Praza do Concello
19:00 horas. Animación polas rúas a cargo da charanga Aires do Padornelo

Xoves 6 de agosto
18:00 horas. Contacontos e xogos tradicionais. Praza do Concello
20:30 horas. Teatro ‘Mondoñedo: Paradiso”, orixinal de Francisco Piñeiro. Grupo O Bordelo. Praza do Concello

Xoves 13 agosto
18:00 horas. Contacontos musical. Praza do Concello
23:00 horas. Actuación do grupo musical Paty Lesta&Thehits. Praza do Concello

Xoves 20 agosto
18:00 horas. Actividade Infantil
19:00 horas. Animación pola rúa a cargo da orquestra Ce Pantasma. Remata na Praza do Concello

Xoves 27 de agosto
17:30 horas Teatro Infantil Raiolas. Obra: Pepito O Fracasado
19:00 horas. Actuación e taller de maxia co mago Deimi
23:00 horas. Actuación Limomes. Praza do Concello

Pola súa banda, os Domingos da Horta permitirán poñer en valor os produtos tradicionais cultivados en Mondoñedo, dos que os diferentes locais ofrecerán degustacións a través de distintas elaboracións.

Domingo 16 de agosto
10:00 horas. Día da Leituga. Mercado Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega

Domingo 23 de agosto
10:00 horas. Día do Tomate. Mercado na Praza da Catedral e degustación nos locais de hostalería.
12:00 horas. Animación pola rúa con ‘Os Suplentes’ de As Pontes

Domingo 30 de agosto
10:00 horas. Día do Cabaciño. Mercado na Praza da Catedral. Demostracións nos locais de hostalería. A maiores, haberá música tradicional galega.

O equipo de goberno destaca a importancia de levar a cabo este tipo de iniciativas coas que se amplía o abano de opcións ofrecidas aos mindonienses para pasar o tempo de lecer no municipio, o que directamente repercute no agrado dos veciños, e de xeito indirecto contribuirá a impulsar a economía local.

Exit mobile version