En concreto, as actuacións promovidas dende o Concello incluíron a limpeza das canles do río do Muíños e dotalas de novo de auga, despois de meses con escaseza, que podería chegar a provocar problemas de salubridade.
A maiores, dende a administración local tamén limparon con motobomba as distintas localizacións do barrio, entre elas a coñecida Ponte do Pasatempo e a praza do Barrio dos Muíños (onde se desenvolverá esta fin de semana a Feira Mostra); ademais de desbrozar as zonas que o necesitaban.
Polo tanto e en resposta á demanda dos veciños, dende o goberno local reforzaron estas actuacións no Barrio dos Muíños para que os residentes e os visitantes podan desfrutar dun entorno e de espazos públicos “máis coidados e limpos”, o que, segundo manifestan dende o Concello, redundará “no benestar xeral e na posibilidade de incremento do número de turistas”.