Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo segue a buscar solucións ós problemas no servizo de abastecemento de auga

Mondoñedo.- 8 de xullo de 2015- O Concello de Mondoñedo mantivo unha reunión co xefe de Produción e co xefe de Servizo de Aqualia, co obxecto de programar actuacións na mellora do servizo e abastecemento de auga.

O goberno local considera que a auga é unha necesidade básica polo que ve “imprescindible” lograr unha solución aos problemas existentes no servizo de abastecemento na maior brevidade posible.

Neste senso e na procura de solucións aos problemas dos veciños e no que se están a implicar dende o goberno local. Así, tamén se chegou a un acordo de limpeza dos sumidoiros no casco urbano, cun compromiso da empresa de realizar estas labores nun prazo de quince días.

Exit mobile version