Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro aclara que “na partida festas e festexos populares se inclúe tamén o abono de facturas dos anos 2013 e 2014”

O pasado luns, 20 de xuño, o Pleno do Concello de Viveiro aprobou os seus presupostos para o exercicio 2015. Tendo en conta as declaracións realizadas polos voceiros da oposición durante o debate da sesión plenaria, nas redes sociais e ante os medios de comunicación, nas que se criticaba que a partida orzamentaria destinada a festexos era excesiva, emítese o presente comunicado co fin de aclarar cal é o contido da mesma e evitar declaracións incorrectas e/ou malintencionadas.

A partida denominada festas e festexos populares, nos orzamentos 2015, ten unha consignación de 564.818,43 euros. De esta cantidade, 443.790,85 euros serán destinados a aboar facturas dos anos 2013 e 2014 que foron recoñecidas extraxudicialmente polo pleno da corporación; esas facturas corresponden a gastos de eventos festivos, lúdicos e culturais desenvoltos ao longo de todo o ano, como a instalación do Belén Xigante de Santa María, as cabalgatas de Nadal e Reis, o Entroido, as festas patronais e eventos das parroquias, o Resurrection Fest, o Naseiro, a Mostra Folclórica Internacional ou as Festas do Verán de Viveiro. Tendo en conta isto, dos 564.818,43 euros, só 125.495 euros se destinarán a eventos festivos que se celebrarán en 2015 e nos que cabe incluír, entre outros, as Festas Patronais de Viveiro.

Cabe concluír, pois, en contra do que se dixo, que:
– Viveiro non gastará nas festas do 2015 a cantidade de 564.818,43 euros.

– A partida referida inclúe a consignación necesaria para aboar facturas dos anos 2013 e 2014 de numerosos eventos, de relevancia cultural e socioeconómica evidente, desenvoltos ao longo de todo o ano.

– A cantidade prevista para as festas patronais e outros eventos festivos durante o que resta deste 2015 é de 125.495 euros.

Viveiro, 24 de xullo de 2015.

O Concelleiro de Facenda,
Jesús Fernández Fernández

Exit mobile version