Site icon Crónica3.com A Mariña

O curso de técnicas de estudo para nen@s de 10 a 14 anos organizado polo Concello de Lourenzá cubre todas as prazas

290715 FOTO LOURENZÁ PRESENTACIÓN CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDOLourenzá, 29 de xullo de 2015.- O curso de técnicas de estudo organizado pola Concellería de Educación de Lourenzá e impartido por Espazo Garabatos comezou o pasado luns, 27 de xullo, con todas as súas prazas completas. Así o explicou a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, que presentou esta actividade acompañada do concelleiro de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron. A formación está dirixida a nenos e nenas entre os 10 e os 14 anos e impártese os luns, mércores e venres en sesións de hora e media, ao longo de 10 sesións.

A rexedora municipal salientou que “este curso tivo unha gran acollida entre os máis xoves e cubríronse todas as prazas previstas. Temos un activo moi valioso que son os nosos xoves, eles son o futuro de Lourenzá. Debemos  apostar por eles e proporcionarlles medios e ferramentas que lles permitan formarse dun xeito mellor e máis rigoroso e ir así encamiñando a dirección do que será o seu futuro profesional”.

Rocío López destacou tamén a cualificación e a especialización do persoal de Espazo Garabatos neste tipo de cursos e indicou: “eu fun estudante e a maioría das veces o éxito no estudo non está en facelo durante horas e horas, senón en saber como estudar para render mellor e obter os mellores resultados. Esta é unha das moitas cuestións e técnicas que aprenderán os alumnos ó longo deste curso. Esta actividade está destinada á mellora do rendemento escolar dos máis xoves. Con isto o que se pretende é que os alumnos desenrolen hábitos correctos de estudo que lles permitan a súa vez optimizar o rendemento á hora de estudar”.

Exit mobile version