Site icon Crónica3.com A Mariña

O edil de Deportes de Cervo destacou a repercusión económica para a zona que tivo o Campionato Galego de Natación celebrado na piscina olímpica muinicipal de Lieiro

060715 ENTREGA DE TROFEOS CAMPIONATO DE NATACIÓN CERVOCervo, 6 de xullo de 2015.- O concelleiro de Deportes en Cervo, José Ramón Soto, destaca a importante repercusión económica que tivo para a zona o campionato galego de natación celebrado na piscina olímpica municipal de Lieiro e que foi clausurado este domingo.

José Ramón Soto explicou este luns que este pasado fin de semana celebrouse o campionato galego de natación na piscina municipal olímpica de Cervo. “Para nosoutros foi unha actividade moi importante e pensamos que repercutiu moito no comercio e na hostalería do pobo, porque participaron 240 nadadores, a maior parte deles en idades infantís, alevíns e benxamíns, que viñeron acompañados de seus pais, outros familiares e amigos. Por este motivo a capacidade hoteleira do pobo estivo a tope e incluso tiveron que ir a concellos limítrofes, como os de Xove, Burela e Viveiro”, destacou o concelleiro de Deportes.

Exit mobile version