Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo sénior feminino do C.B. Burela, inscrito na Primeira División Autonómica

Burela, 29 de xullo de 2015.- Este mércores, o Club Baloncesto Burela fixo a inscrición do equipo Sénior feminino na 1ª División Autonómica.

En canto ao plantel de xogadoras, seguirán a maior parte das da temporada pasada, se ben hai algunha baixa por motivos fundamentalmente académicos dalgunha delas ao marcharen facer estudos a outras localidades, están tamén nun proceso de incorporación de novas xogadoras. Desde o clube entenden que no baloncesto feminino na comarca debería haber algún tipo de acordo entre os clubes de cara a que as xogadoras teñen a opción de competir a nivel de Galicia.

No tocante ao adestrador, lamentan desde o clube a marcha de Rubal, ao cal agradecen o seu traballo ao longo das últimas tres temporadas, e atópanse no proceso de buscar un sustituto que preferentemente será novo no CB Burela; aínda que non descartan que poda facerse cargo do equipo algún dos actuais entrenadores do club.

Exit mobile version