Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela afirma que o retraso na celebración do pleno de organización “reflexa o que será toda a lexislatura”

Burela, a 2 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou este xoves que o retraso na celebración do pleno de organización “reflexa o que vai ser toda o lexislatura, unha política permanente de xestos e escasa ou nula xestión”.

O GMP, que recoñece que o goberno municipal ainda non agotou o prazo legal, considera que “un goberno que se precie, máxime con maioría absoluta, tén que celebrar este pleno cando antes para definir perfectamente as áreas de xestión, estructurar o funcionamento do pleno e das comisións, e nomear os seus representantes onde proceda”.

Nese senso, o GMP lembra que “o goberno do PP tardou sólo nove días en 2011 en celebrar o pleno organizativo, e catro en constituir a Xunta de Goberno. Agora, cun goberno con maioría absoluta, tardaron trece días en constituir a Xunta de Goberno e tardarán máis de tres semanas en celebrar o pleno de organización do concello”.

Para os edís do PP, “a razón de fondo é que hai discrepancias dentro do goberno municipal, xa que non se dan posto de acordo coas dedicacións, nin coas contías a percibir. Esto demostra que desde as eleccións e hasta a toma de posesión estiveron de celebración permanente e nada se preocuparon en ir pensando en cómo organizarse”.

Segundo o GMP, “esto demostra unha desidia inmensa, e unha forma de traballar sustentada na convicción de que todo vai sair ben ainda que non se traballe nada. Asistiremos a unha continua política de xestos, política que non tén ningún custe, pero tamén asistiremos a unha ausencia total de xestión e de asunción de responsabilidades, que son as cuestións que realmente dan traballo e nas que se hai que volcar día a día para sacar adiante os continuos problemas que xurden nun concello coma o noso e as lexítimas demandas plantexadas”.

Exit mobile version