Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela agradece públicamente o traballo de Ledicia para organizar a Feira do Bonito

Burela, a 29 de xullo de 2015.- “A Sociedade Cultural Ledicia merece todo o noso recoñecemento e gratitude por organizar un ano máis, e van trinta e ún, a Feira do Bonito”. Así se manifestou este mércores o Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela, que engadíu que “sen os máis de cen colaboradores que todos os anos se suman á organización, sería imposible celebrar un evento que, desde hai moito tempo, é un referente turístico e gastronómico para Burela e para a comarca”.

Ademáis, o GMP destacou que PRODUART chegue á súa decimoterceira edición e que conxuntamente coa Feira do Bonito configuren un fin de semana de empaque e renome no verán da Mariña.

O GMP fixo estas declaracións a raíz da presentación en Lugo da edición do presente ano da Festa do Bonito, “unha presentación que consideramos idónea e que axuda a divulgar e potenciar este evento, e tamén Produart”.

“Unha presentación que, segundo o GMP, cando a facía o goberno municipal do PP era duramente criticada polo PSOE, que nos acusaba de despilfarro e de ausencia total de promoción turística, de perxudicar ós establecementos de Burela, etc., mesmo buscar rédito persoal con estas presentacións”.

Pois ben, desde o GMP consideran que “o PSOE debería pedir disculpas por facer o que criticaba que facía o PP, e por recoñecer agora coa súa forma de actuar que o que facía o goberno do PP non estaba errado”.

Finalmente, o GMP recoméndalle ó alcalde que “se tén que facer outra presentación fóra de Burela destes mesmos eventos ou de outros, planifique ben a presentación, se implique na mesma e non faiga as cousas a medias, como parece que pasou o pasado luns. Porque de cómo planifique o concello a presentación, derivará sen dúbida ningunha a repercusión que teña nos medios, e polo tanto a percepción que a cidadanía poida ter dos eventos”.

Exit mobile version