Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno local de Cervo destaca os baixos índices de delincuencia que hai no municipio e a intención de seguir esforzándose para que sexan aínda menores

010715 Foto xunta local seguridade CervoCervo, 1 de xullo de 2015.- Despois da reunión da xunta local de seguridade celebrada este mércores en Cervo o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, destacou os baixos índices de delincuencia que se rexistran no municipio, pero asegurou que seguirán esforzándose para que sexan aínda menores.

“O noso concello ten uns dos índices máis baixos de delincuencia, pero sempre hai algo, o que supón unha preocupación e queremos seguir facendo os esforzos necesarios para que eses datos aínda sexan menores. Este foi un dos asuntos que analizamos na reunión da xunta local de seguridade celebrada hoxe, así coma a dispositivo de seguridade de cara á tempada estival, que agora iniciamos. Falamos da colaboración e da axuda que as forzas e corpos de seguridade do Estado lle prestarán á Policía Local en momentos importantes como a celebración da Maruxaina, así coma noutros festas o eventos que así o requiran”, explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá.

José Ramón Soto engadiu: “agradezo o traballo e o esforzo que as forzas e corpos de seguridade do Estado fan no noso concello e destacou a colaboración que existe entre a Policía Local e esas forzas e viceversa. Tamén salientamos o traballo que realiza o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, non só no noso concello senón tamén nos municipios limítrofes”.

A reunión da xunta local de seguridade celebrada este mércores en Cervo foi copresidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.

Exit mobile version