Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove fixo a Ruta Monte Pindo

2015-07-05 13.33.15Xove, 7 de xullo de 2015.- Este domingo pasado dia 5 de Xullo, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse a Carnota (Costa da Morte) para facer a Ruta Monte Pindo.

Un total de 36 intrépidos camiñantes fixeron esta espectacular Ruta, con saída na aldea de O Pindo (Carnota) para acabar na Fervenza do Ézaro (Dumbría) despois de baixar polo Miradoiro do Ézaro e de percorrer 15 km. pola parte mais alta do Monte Pindo.

O final da Ruta, chapuzón na Praia de Ézaro, como relax dunha xornada espectacular, e con moito sol.
A subida o Monte Pindo,e unha subida bastante dura, polo medio das formacions rochosas, mais enverosimiles . O cúmio, chamado “A Moa”, ten unhas vistas espectaculares de gran parte da Costa da Morte, (Fisterra, a Praia de Carnota , Corcubión, etc….).

O Monte Pindo chamado “Olimpo dos Celtas” e increible, unha das Rutas de Sendeirismo mais bonitas que se pode facer en todo o norte de España.

Exit mobile version