Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ribadeo denuncia deficiencias graves no parque de San Francisco

Ribadeo, 29 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ribadeo ven de presentar ante o Concello un INFORME DE INSPECCIÓN (Expediente Nº 2571/1) encargado polo devandito grupo á empresa Strow Parques Infantiles, S.L., acreditada co número 244/EI368 para actividades de inspección na área de parques infantís segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17020.

Segundo o informe emitido por dita entidade, derivado dunha inspección realizada o 17 de xullo de 2015 e que está a disposición dos interesados na páxina web do PSOE de Ribadeo (agrupacionpsoeribadeo.es), as instalacións do parque infantil de San Francisco presentan unha serie de irregularidades de carácter grave que fan que as instalacións non sexan conformes ca normativa vixente.

En relación ó equipamento, detéctanse ata ONCE DEFICIENCIAS calificadas como de “non conformidade” cuxa subsanación, por representar un risco evidente para os nenos e as nenas, é imprescindible para a concesión da Declaración de Conformidade. Entre estas deficiencias, atópanse:

– Aristas cortantes nas áreas de xogos, concretamente ó redor das árbores, con grave risco de lesión.
– Posibilidade de atrapamento dos dedos entre as unións das cadeas cos columpios.
– Posibilidade de atrapamento dos dedos entre as unións das cadeas cos columpios e as unións das cadeas cos bastidores.
– Cravos e terminacións da tornillería que sobresaen e compoñentes con bordes afiados ou puntiagudos.
– Astillamentos e roturas nas madeiras dos equipos.
– Pezas rotas e desgastadas na rede piramidal.
– Non se respectan os espazos de caída dalgún dos equipos con respecto ó banco mais próximo.
– Nos equipos con altura de caída superior a 600 mm. ou con movemento forzado debe haber unha superficie de amortiguación sobre a totalidade da área de impacto que non existe en todos os aparatos.
– Nalgunha das instalacións, a superficie amortiguadora instalada na área para a absorción de impactos non cumpre cos requisitos esixidos pola norma UNE EN 1177-2009
– Cambiaronse algúns elementos das instalacións existentes e agora non cumpren ca normativa vixente.

Asemade, téñense detectado determinadas desviacións da norma que, a pesar de non constituír risco grave para os menores, deben ser corrixidas para ser avaliadas nunha inspección posterior (a maioría destas últimas correspóndese ca falta de placa identificativa nos elementos do parque, obrigatoria segundo o artigo 8 do Decreto 245/2003).

Á vista de todo isto que, evidentemente pon en risco a integridade física dos nenos e das nenas, o Grupo Municipal socialista ven de solicitar ó Concello que aclare publicamente se o parque conta ca preceptiva DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE, que se tomen URXENTEMENTE as medidas necesarias para solventar as deficiencias manifestadas no informe de inspección ante o risco que supoñen para os nenos e as nenas, e que se depuren RESPONSABILIDADES segundo corresponda ca empresa instaladora e co responsable da concellería de obras

Exit mobile version