Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, e en base o artigo 15 ROF, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter a correspondiente resposta por escrito.
Varios veciños da zona de Xunqueira e Verxeles dirixíronse o noso grupo, para mostrarnos o seu malestar polos graves inconvenientes que lles orixinan os continuos cortes no subministro de auga. Esta circunstancia non é nova, xa que se ven repetindo dende fai uns anos, sen que ata a data se lle teña dado unha solución definitiva.
Sinalan os veciños, que no mes de xuño se produciron tres reventóns – os días 5, 25 e 29-, e no mes de xullo o día 5 a noite e o día 6 ó mediodía. Estes cortes, que nalgúns casos se prolongan durante varias horas, como por exemplo o 25 de xuño dende as 18 h ata as 4 da madrugada ou o do día 29 do mesmo mes dende as 23.45 ata as 14 horas, limitan totalmente a realización das accións cotiás e prodúcenlles unha situación de indefensión difícil de asumir.
Por todo isto lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:
1. É consciente dos graves prexuízos e molestias que estas continuas roturas lle orixinan os veciños e empresarios desta zona?, sobre todo naquelas casas onde viven nenos e persoas maiores que necesitan atencións especiais.
2. Ten pensado descontarlles na factura da auga a parte proporcional polos días que non puideron dispor deste servizo?
3. Por que non se aproveitou para meter a canalización da auga cando se fixeron as obras da acometida do gas?
4. Cando teñen pensado darlle unha solución definitiva a este vello problema?