Site icon Crónica3.com A Mariña

O Memorial Rodrigo Maseda arranca este xoves con 52 equipos

Mércores 1 de xullo. A Mariña recibirá un total de 52 equipos, con preto de 600 promesas futbolísticas entre prebenxamín e xuvenil, para gozar do IV Torneo de Fútbol Sala Base Rodrigo Maseda Lozano. Entre este xoves 2 de xullo e o domingo 5, visitarannos 16 clubs procedentes non só de Galicia, senón tamén de Asturias, Castela e León, Castela A Mancha e Madrid.

Tras a reunión técnica e cóctel de benvida deste xoves no Thalasso Cantábrico Las Sirenas de Viveiro, o venres comezará a rodar o balón para os mariñáns CD Burela FS Pescados Rubén, ACD Xove, SD Xove, AD Praia de Covas, ADC Os Fornos Superti, AD Santiago de Foz, AFD Porto de Burela e A Mariña FS; os coruñeses Troula FS e Unidad Fene FS; o pontevedrés ED Vigo 2015; o ourensán ED Celanova; o asturiano EFS Siero FS; o valisoletano CD Tierno Galván; o guadalaxareño CD Brihuega FS e o madrileño UD Las Rozas Boadilla.

Os pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo (Burela), Marzán (Foz), A Veiga (San Cibrao) e os municipais de Xove e Viveiro serán testemuñas da fase de grupos e cuartos ata o sábado, xornada que concluirá cun clínic, co ex-adestrador burelista Juanlu Alonso (IES Monte Castelo, 20.00 horas), e o partido das Estrelas (Vista Alegre, 21.15 horas), con adestradores, monitores e convidados como protagonistas.

Burela decidirá o palmarés o domingo, alternando os compromisos sobre a pista con divertidos xogos con inchables no CEIP Vista Alegre (durante a mañá).

Vista Alegre acollerá a entrega de trofeos ás 21.00 horas.

Exit mobile version