Panorama da situación electoral· Xullo de 2015. Asociación de Medios en Galego.
Podemos pola súa banda parece estabilizado arredor dos 19 puntos porcentuais e arredor dos 70 escanos. As súas estimacións seguen sendo as máis diverxentes de entre todas as forzas políticas, e iso, sumado á súa condición de terceira forza con maior dependencia dos restos no reparto da Lei d’Hondt, provoca que os escanos esperados se movan nun intervalo moi amplo, arredor en todo caso dos 70 escanos.
Dada a correlación de forzas a unión de PP e PSOE mantén potencialmente unha maioría absoluta, pero desde o mes pasado ábrese a posibilidade, de momento máis improbable que probable, pero posible en calquera caso, dunha hipotética maioría absoluta entre PSOE e Podemos. Unha terceira posibilidade de maioría a dúas bandas, PP e Ciudadanos, nunca se materializou nos números e está cada vez máis lonxe.
Entre as forzas minoritarias IU prosegue o seu descenso camiño da marxinalidade, penalizado polo sistema electoral español. Mantén dous únicos escanos coneguidos por ICV-EUiA en Catalunya e que dependen da súa participación nas novas fórmulas electorais ao estilo de Barcelona en Comú. UPyD confirma este mes a súa desaparición definitiva do escenario político estatal.
No bando nacionalista as enquisas destes últimos 30 días foron en xeral favorables para o PNV e Compromís, e desfavorables para o resto. Só Geroa Bai e EH Bildu conserva inalterada a posición de xuño.
O MIRANTE. Panorama da situación electoral · Xullo de 2015 Asociación de Medios en Galego
Carlos Neira Cortizas
Calidonia