Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento Europeo revisará esta tarde o desenvolvemento da aplicación do “paquete lácteo”

Estrasburgo, 6 xullo 2015. Ás 17.00 horas da tarde deste luns dará inicio a sesión plenaria do Parlamento Europeo en Estrasburgo.

Como segundo punto da orde do día de hoxe está axendado un debate de revisión sobre a aplicación do denominado ‘Paquete lácteo’ -aprobado na Unión Europea tanto polo Partido Popular (PP) como polo Partido Socialista (PSOE) o 15 de febreiro do ano 2012-, que terá lugar tomando como base a proposta de resolución “Sobre as perspectivas para o sector lácteo na UE. Revisión da aplicación do ‘Paquete lácteo'”, presentado por James Nicholson, eurodeputado do Grupo Europeo dos Conservadores e Reformistas (ECR).

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, intervirá no debate desta tarde para reiterar unha vez máis que grande parte da actual crise no sector leiteiro débese precisamente á aplicación de este “paquete lácteo”, contemplado como un dos instrumentos de apoio para a liberalización total do sector, “unha medida que non estableceu nin tan sequera medidas básicas como un prezo mínimo que cubra os custos de produción e remuneren o traballo, nin tampouco fixou mecanismos efectivos que penalicen a imposición de vender a perdas que neste momento sofren as produtoras e produtores”, lembra Senra.

A sesión poderá ser seguida en directo dende este enlace: http://www.europarl.europa.eu/plenary/es/home.html#banner_session_live e e a orde do día pode ser consultada en: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?type=AGENDA&reference=20150706&secondRef=SYN&language=PT.

Exit mobile version