A actuación da banda, dirixida por David Ballester Martínez, foi seguida por numeroso público, que escoitou a interpretación de pezas como The exodus song, de Ernest Gold; a Sinfonía Nº 2 de Andrés Gaos arranxada por Hernán Naval; A Medieval Suite, de André Waignein; Unha noite na eira do trigo, de Xoan Montes; Carrascosa, de Jaime Texidor; Lonxe do mar, de Hernán Naval, e Rapsodia Galega Nº1, de Enrique García Rey.