Site icon Crónica3.com A Mariña

‘O Piloto’ será presentado en Riotorto

O día 10 de marzo cumpríuse 50 anos da morte de Xosé Luís Castro Veiga. Coñecido popularmente como O Piloto, foi o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado español. Pero non foi só o “último guerrilleiro”, senón que xa era un mito aínda en vida. Odiado por uns, amado por outros, o seu ronsel e as súas fazañas aínda seguen presentes na memoria do pobo.

Medio cento de persoas, compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con el, para ben ou para mal, falan no documental ‘O Piloto’ no que tamén se dan a coñecer documentos inéditos que mudarán para sempre a visión deformada que se veu dando historicamente deste guerrilleiro: as relacións co PCE, as principais accións, por que sobreviviu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos… E unha entrevista realizada no 1979 á súa compañeira Mirelle.

A Casa da Cultura de Riotorto acollerá a presentación deste audiovisual, obra de Xosé Reigosa con guión de Afonso Eiré, o sábado 4 de xullo ás 20.00 horas.

Exit mobile version