Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno da corporación municipal de Cervo tratará un suplemento de crédito de 315.000 euros para destinar a diversas partidas

Cervo, 31 de xullo de 2015.- O pleno ordinario da corporación municipal de Cervo, que se celebrará este venres ás 19 horas, tratará a aprobación dun suplemento de crédito por importe de 315.000 euros. Esta cantidade destinarase a diversas partidas, entre elas unha de 50.000 euros para o fomento do emprego a través de becas de formación. Así o destacou a concelleira de Facenda, Dolores García Caramés.

“Vamos levar a aprobación un suplemento de crédito por un importe de 315.000 euros, que proveñen dun remanente de tesourería do ano anterior, dun diñeiro que quedou de xeito positivo nas contas. Vamos destinar estes 315.000 euros a suplementar distintas partidas de crédito do noso presuposto, porque algunhas delas quedaron cortas por como foi transcorrendo o ano. Son varias partidas: hai unha cantidade importante para a de obras, duns 90.000 euros; hai outra, moi importante tamén, en concreto para o fomento do emprego, de 50.000 euros; despois unha de cultura con 5.000 euros; e para deportes en torno a outros 90.000 euros. En total son eses 315.00 euros, que é un diñeiro que é parte do remanente de tesourería que ten o Concello de Cervo pola boa xestión económica que estamos a facer durante estes anos”, explicou Dolores García.

A concelleira de Facenda tamén destacou outro punto que se leva a aprobación no pleno de hoxe: “unha transferencia de crédito por un total de 35.000 euros, que neste caso é entre distintas áreas de gasto. Estes 35.000 euros parten da partida orzamentaria dos intereses de préstamos, o que quere dicir que o feito de que amortizáramos anticipadamente uns préstamos permitiu aforrar un diñeiro en intereses. Neste caso non é o total do que aforramos en intereses, que é máis, pero en concreto esta partida de 35.000 euros é a que modificamos para destinala a outros gastos diversos, sobre todo á partida na que se engloba a administración xeral do Concello de Cervo”.

García Caramés rematou explicando que “se trata de dous asuntos económicos importantes que hoxe vamos someter ao pleno. Desta maneira seguimos a manter todos os servizos públicos que temos no Concello de Cervo e ao mesmo tempo continuamos aportando un diñeiro que xurde da boa xestión económica que estamos levando adiante”.

Exit mobile version