Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela anuncia que a Xunta inviste 30.000’00€ para os problemas de filtracións no CEIP “Virxe do Carme”

IMG-20150717-WA0001Burela, 24 de xullo de 2015.- O portavoz do Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela, José María González Barcia, amosou este venres a súa “absoluta satisfacción e do noso grupo político polas actuacións levadas a cabo pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia no CEIP ‘Virxe do Carme’ para subsanar deficiencias que no seu momento o anterior equipo de goberno do concello entendeeu que había que solventar e polo tanto foron trasladadas e solicitadas á Xunta de Galicia, que actuou de forma inmediata, como se pode ver: en dous meses, problema resolto”.

González Barcia afirmou que “no coñecido como ‘edificio rojo’ do colexio de Os Castros se viñan producindo dende había dous ou tres anos filtracións na cuberta que afectaban ás aulas da planta superior; anque o equipo de goberno do PP actuou sempre que foi requerido polo centro, os problemas continuaron e o pasado 14 de maio, antes das eleccións municipáis, vistamos xunto coa Xefa Territorial de Educación, Mariña Gueimunde, o centro para determinar qué tipo de actuacións había que levar a cabo. Durante a visita se lle transmitiu tanto á dirección do centro coma á presidencia da ANPA que se levarían a cabo as actuacións que se estimasen precisas para solucionar o problema”.

“E hoxe podemos manifestar a nosa satisfacción, asegurou González Barcia, xa que a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Gallicia vén de solucionar o problema de forma inmediata, cumplindo co seu compromiso e atendendo á petición que no seu momento lle fixemos desde o equipo de goberno do Partido Popular”.

Barcia indicou que “as actuacións levadas a cabo consistiron na retirada da cuberta de tella preexistente, saneamento da infraestructura e colocación de panel sandwich, o que supuxo un investimento de 30.164’09€”.
O anterior alcalde e actual portavoz do GMP burelés agradeceulle públicamente “ó Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta, Román Rodríguez, e á Delegada Provincial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a súa disposición a solventar este problema, que afecta a uns 125 alumnos do colexio de Os Castros”.

González Barcia afirmou que “esto demostra que tanto a Xunta de Galicia coma o anterior equipo de goberno cumplimos os nosos compromisos; de feito, o noso grupo político, despóis das eleccións, seguiu falando coa Xunta para que estes problemas se arranxasen”.

Finalmente, Barcia considerou que “a nosa xestión en materia educativa non se pode ocultar. Xa non é que mantivéramos ás coidadoras de comedor, senón que xestionamos un investimento de 120.000’00€ para cambiar a cuberta do CEIP ‘Vista Alegre’ e tamén xestionamos as obras de amplicación do IES ‘Perdouro’, que se están licitando por cáseque 430.000’00€”.

Exit mobile version