Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá critica que “o retroceso e o ocultismo volven ó Concello”

O equipo de goberno do Concello de Lourenzá eliminou as redes sociais oficiais do Concello, dende o Grupo Municipal do Partido Popular lamentamos esta aptitude de retroceso e ocultismo.

O Concello de Lourenzá ata tan só fai uns días informaba aos seus seguidores de Instagram, Facebook e Twitter das novas e asuntos de interese, ase mesmo, era unha ferramenta de comunicación continua entre os veciños e concello.

Hai que ter en conta que, eran preto de 2000 seguidores os que dun xeito ou outro utilizaban estas redes sociais para estar ao día do que acontecía no Concello, posto que por estes medios se colgaban non só novas, senón que tamén bandos, notas informativas, ordes de día de plenos, ofertas de emprego, actividades do concello e das distintas asociacións e mesmo álbums de fotos que despois eran compartidas polos participantes.

A non utilización destas ferramentas pon de manifesto que se dá as costas as novas tecnoloxías e con elo a todas esas persoas que polo motivo que sexa non aceden aos bandos ou avisos fisicamente ou non están ao tanto dos medios de comunicación tradicionais.

Hai que ter en conta que, segundo estudios recentes, o 83 % das personas novas utiliza as redes socias tornándose no segundo medio de comunicación por detrás do teléfono, pero é que amáis o 25 % da poboación mundial utiliza as redes sociais, por ese motivo o Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá vai estar preto deses 2000 usuarios que tiñan as redes oficiais do Concello e, a través do facebook do Partido Popular de Lourenzá informaremos de todas cantas novas nos parezan de importancia para os nosos veciños e veciñas.

Exit mobile version