Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta un rogo sobre a recuperación do himno español para as Festas Patronais

Viveiro, 31 de xullo de 2015.- Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno , ó obxecto de darlle solución ó asunto planteado.

Dende o ano 2003, data na que accederon o goberno municipal de Viveiro os socialistas, non se ten volto a tocar o himno de España no acto de izado das bandeiras que da inicio as nosas festas patronais, interpretandóse so o himno Galego.

O Partido Popular tense interesado para desbloquear este tema e que se interpretase o himno de España xunto co himno de Galicia, tanto a través dunha moción presentada no pleno de 1 de agosto de 2013 – votada a favor polo noso grupo e por IVI -, así como a través de diferentes notas de prensa. Ata a data as nosas peticións caeron en saco roto, pero dado que iniciamos un novo mandato temos a esperanza de que con esta nova petición, a Sra. Alcadesa non so deixe de lado a súa cabezonería, senón que dado que é un acto oficial co izado das enseñas, e tal e como indica o Real Decreto 1560/1997 entendemos que se sería obrigatoria a interpretación dos dous himnos.

Ë unha pena que todos aqueles veciños que nos sentimos tan galegos coma españois, xunto con todas aquelas perosas que nos visitan doutras partes de España se nos prive de escoitar xunto co himno da nosa comunidade, o himno que nos representa a todos, o himno de España.

Por este motivo ROGAMOS á Sra. Alcadesa que a partir deste ano volten a soar no inicio das nosas Festas Patronais os dous himnos que nos representan, tanto como galegos como españois.

Exit mobile version