Rivera Capón explicou, por un lado, que “poucos días despois de chegar á Presidencia, -non levaba nin unha soa semana-, Elena Candia decidiu paralizar a contratación de 12 desempregados lucenses para a xestión do Ben Empregado II”. Tratanse de axentes de dinamización empresarial que foron seleccionados nun proceso público (aprobado en Xunta de Goberno Provincial e publicado no BOP) e aberto a todos os cidadáns, pois foi por concorrencia competitiva. Estes profesionais tiñan que comezar a traballar o pasado 1 de xullo. “Sen motivo algún, non o fixeron porque a Presidenta non quixo dar o visto e prace aos seus contratos, conseguindo que hoxe continúen no paro”, remarcou.
Simultáneamente, “Candia freou, totalmente, o Ben Empregado II, pois non fixo absolutamente nada, cando, a estas alturas, deberían estarse a celebrar os procesos de selección dos 306 desempregados lucenses para a súa inserción laboral en 288 empresas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. É un claro ataque do Partido Popular ao emprego e ao tecido empresarial, un dos piares da económica da nosa provincia”, salientou.
Cómpre lembrar, que o Goberno progresista de Gómez Besteiro acordou subvencionar con 6 millóns de euros a contratación destes profesionais en dito número de entidades e colectivos por un mínimo dun ano. Son empregos de calidade, posto que os seus contratos inclúen, como obriga, cláusulas sociais que blindan os dereitos dos traballadores.
Como mostra da “desidia e paralización que o Goberno do PP mantén á Deputación de Lugo”, o Deputado socialista explicou que “nós deixamos aberto o proceso de inscrición do Ben Empregado II, que foi de 10 días naturais. O PP nin se preocupou, facendo que o número de solicitudes se reducirán nun 40%, pois na primeira edición tivemos 4.000 e agora hai unas 1.600”.
“Dende que chegaron á Deputación, o único que fixeron os populares foi cambiar as pechaduras dalgún departamento provincial, amosando unha total desconfianza cara os traballadores públicos. O Vicepresidente e responsable da área de Emprego, José Antonio García López, nin se presentou á maioría dos profesionais que están no seu departamento. Nin se preocupou pola labor que está a desempeñar. ¿Como vai estar entón o Ben Empregado II?, ironizou.
Ante esta situación, o Deputado socialista instou ao Goberno de Candia “a traballar o tempo que lle queda na Deputación de Lugo. Que deixe de exercer de Delegada da Xunta en Lugo, de pagar as facturas do Goberno de Feijóo con cartos provinciais, e se preocupe polos 25.000 desempregados lucenses. Debería saber que o emprego é a prioridade número un dos cidadáns, tal como o manifestaron na elaboración dos primeiros Presupostos Participativos dunha Deputación en España, e que conseguimos que tivese a de Lugo neste 2015”, apuntou.