Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia o despilfarro de cartos públicos que supón o populismo do Goberno de Candia

Lugo, 24 de xullo de 2015.- O Grupo Provincial Socialista denuncia o despilfarro de cartos público que supón a medida populista do Goberno de Candia de vender o Audi A-8; un coche pagado, totalmente amortizado e cunha vida útil do 80% que, polo tanto, podería seguir formando parte do Parque Móbil Provincial da Deputación de Lugo durante máis dunha década.

O PSOE considera que Candia, como boa Delegada da Xunta en Lugo ante unha desaparecida Raquel Arias, segue a mesma liña propagandística de Feijóo que, unha vez no Goberno galego, tamén se desfixo de coches oficiais para logo gastar 6 millóns de euros de cartos públicos coa adquisicións doutros 347 vehículos, varios deles de alta gama.

Os socialistas lamentan que a primeira medida do Goberno de Candia sexa esta, pois nada aporta á provincia e aos lucenses, máis que a perda de cartos públicos. Neste senso, destacan a evidente falta de proxecto para Lugo do Executivo do PP na Deputación, que nada fixo dende que chegou a institución, máis que cambiar as pechaduras de algún departamento provincial, paralizar os proxectos do Goberno progresista e sacar fotografías: primeiro a do Audi e logo as de reunións con responsables de importantes institucións e colectivos da provincia, aos que nada novo lles soubo propoñer.

O PSOE lembra a Candia algunhas das verdadeiras políticas de aforro de gastos correntes que levou a cabo na Deputación de Lugo para que tome nota das mesmas:

-Aforro de 1,1 millóns de euros coa redución da contratación externa do Parque Móbil. Para elo, o Goberno progresista puxo fin a un contrato de aluguer que tiña o PP na Deputación a través do que delpilfarraba 1,4 millóns de euros, ou o que é o mesmo, 240 millóns de pesetas, por 56 vehículos.

-Aforro de 236.000 euros ao ano coa modificación do contrato de telefonía, redución de liñas fixas e móbiles, co establecemento de cotas máxima de consumo ou restrinxindo as chamadas. Todo isto, en base ás necesidades dos traballadores da institución.

-Aforro de 135.000 euros coa reforma do contrato de subministro eléctrico grazas ás auditorías enerxéticas da Axencia Provincial da Enerxía da Deputación.

-Aforro de máis de 500.000 euros con novas fórmulas de contratación e coa implantación de novas tecnoloxías. Por exemplo, rebaixáronse os custes custes pola adquisición de papel en 435.000 euros logo da implantación da administración electrónica na Deputación, que conlevou a dixitalización de todos os arquivos, véxase o caso do Boletín Oficial da Provincia; aforráronse 25.000 euros cun novo contrato de aluguer de equipos multifunción, tales como fotocopiadoras ou impresoras, que tamén inclúe os gastos de mantemento; aforráronse outros 20.0000 euros coa substitución do papel timbrado, que antes se encargaba a unha imprenta, por plantillas informáticas; así como outros 8.000 cun novo contrato de compra de combustible para o Parque Móbil que incluíu a rebaixa de 3 céntimo por litro.

Exit mobile version