Este proxecto nace da premisa de diferenciarse do resto de festivais electrónicos. Para iso, nas catro edicións anteriores, seleccionouse un abanico de artistas internacionais e nacionais experimentados nun estilo clásico e moi marcado como é o son HOUSE, converténdose nun referente na música electrónica en toda Galicia e empezando a consolidarse como unha cita importante a nivel nacional.
Ademais de contar cun cartel nacional e internacional de gran calidade, TENTACLE ofrece este ano unha novidade: as xornadas Tentacle Teknica 2015 que incluirán relatorios sobre as últimas tendencias e a evolución da música electrónica coa participación de recoñecidos selos discográficos, deseñadores de imaxe, produtores e DJs, tanto a nivel nacional como internacional:
– PREMIER.- Estreno do documental JACKMANÍA presentado polo seu Director e productor, Ino Plans.
– RELATORIO 95:15 de Viktor Flores coa participación de Red Bull Music Academy.
– LIVE-DEMO- ROLAND de Nacho Marco con caixas de ritmos.
– DEMO E SPEECH de Bonfante sobre a integración dos sons analóxicos na música electrónica.
– SINERGIAS, A UNIÓN DO DESENVOLVEMENTO VISUAL CREATIVO E A MÚSICA ELECTRÓNICA con Anita aka Plastica.
– RELATORIO sobre a creación dun selo de música electrónica desde cero con Certain people.
– PROCESO AUDIOVISUAL VINCULADO A UN SELO ELECTRÓNICO por Eros Marez Banm Records.
– MUSICA ELECTRóNICA E GASTRONOMÍA por Hunger Culture.
Tamén haberá esión vermú aberta ao público (12.00 a 15.30 horas); mentres que as sesións de tarde comezarán ás 17.00 horas prolongándose o venres ata as 04.00 horas e o sábado ata as 05.00 horas.
Programación
Venres 14 de Agosto:
DJ T. / NACHO MARCO / DJ INO & MC JOHNNY DEF / RHYTHM&SOUL / Bonfante / Manolo Vilouta / Mario González & Diego González / Alex Nite / MR Costy / GLS.
Sábado 15 de agosto:
MARSHALL JEFFERSON / TYREE COOPER / BOBBY STARRR / VICTOR FLORES / Vitor P / Adolfo Velayos / LRoca / Mr. Fishman / Oscar Mosqueira / Cats & Monkeys.
Ademais, o Festival realízase nun emprazamento privilexiado, pegado á espectacular Ría de Foz, con vistas abertas ao mar, aproveitando o vínculo que a contorna xera coa natureza.