Site icon Crónica3.com A Mariña

Os compoñentes do grupo musical Hombres G comeron no restaurante ribadense O Lar de Manolo e posaron cos empregados do establecemento

290715 Foto Hombres G Lar de ManoloRibadeo, 29 de xullo de 2015.- Os compoñentes do famoso grupo musical madrileño Hombres G, liderado por David Summers e formado tamén por Daniel Mezquita, Rafael Gutiérrez e Javier Molina, pararon en Ribadeo para facer un descanso no percorrido da súa extensa e exitosa xira titulada 30 años y un día. Os membros de Hombres G elixiron para comer o restaurante O Lar de Manolo, que está na rúa Irmáns Moreno Ulloa da vila ribadense, e ademais non tiveron inconveniente en posar para unha fotografía co persoal que traballa neste establecemento hostaleiro que rexentan Anxo Expósito Teijo e Chus Fernández Rodríguez.

Esta xira de Hombres G inclúe unha trintena de concertos en España e América Latina na que repasan os grandes éxitos da súa longa carreira musical.

Exit mobile version