Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concursantes do certame de canto da Escola de Música participarán en dúas xornadas de convivencia entre o 13 e o 17 de xullo e o 1 e 4 de setembro

Mondoñedo, 03 de xullo de 2015.- Os concursantes do certame de canto organizado pola Escola de Música participarán en dúas xornadas de convivencia intensiva, que se celebrarán os días 13, 14, 15, 16 e 17 de xullo e os días 1, 2, 3 e 4 de setembro.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, lembra que a Escola de Música está a organizar a segunda edición deste certame de canto, baixo o nome de Mamá, quero cantar!.

O concurso, que coordina Xulia Nogueira, atópase na súa segunda fase, tras unha selección previa dos inscritos durante o mes de xuño, que xa estiveron recibindo clases de técnica vocal, técnicas de gravación en estudo, relaxación para músicos, posta en escena e técnicas de superación de medo escénico, nas instalacións da Escola de Música.

Durante estas xornadas de convivencia intensiva, os concursantes ensaiarán un tema común proposto pola organización e outro que escollerán de entre unha selección de temas suxerida polo xurado, e que interpretación no concerto final, que se celebrará o día 4 de setembro de 2015 no Auditorio Pascual Veiga, ás 20.30 horas.

Exit mobile version