Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares piden que o concelleiro de Cultura limpe a vila nas hora de adicación ó concello

IMG-20150726-WA0005Burela, 27 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou este luns que “se pegaron cartéis de actividades programadas polo concello en espacios que están absolutamente prohibidos para tal efecto, e que por riba son edificios públicos, como demostramos na foto que se adxunta, a traseira da Casa da Cultura que dá á Praza da Mariña”.

Para os populares, “resulta completamente incoherente que o alcalde diga que quere unha vila limpa, e lle permita ó concelleiro de Cultura pegar cartéis onde lle pete. Creemos que se debe apostar por unha cultura seria, alonxada dos criterios do concelleiro, e por unha vila limpa, alonxada das permisividades do alcalde”.

O GMP reitera que “o chamado concelleiro de Cultura non está capacitado para o que o alcalde lle encomendou, e como no horario asignado no concello, de tres horas e media diarias por 14.000’00€ ó ano, non vai ter moito que facer, pedimos que se lle asignen funcións de limpeza da vila polos cartéis que este mesmo señor ordena pegar e colocar para anunciar os eventos que el organiza e que lle supoñen non ter que desplazarse para velos, porque pagamos todos se queremos asistir, pero que dubidamos que el faiga o mesmo”.

Finalmente, desde o GMP pídenlle ó concelleiro de Cultura que “se preocupe, a partires de agora, por explicar e xustificar a súa xestión. Xa se meteu unha vez co PP e co Sr. Barcia, pero esto non lle serve para máis, o argumentario está esgotado. Que vaia preparando os temas, cumplindo co que dí, e medindo mui moito as súas palbaras, que xa nos preocuparemos nós de darlle traballo, porque el o traballo non o vai buscar”.

Exit mobile version