Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo denuncian o estado de abandono do paseo marítimo e a área de descanso de San Cibrao

abandono-cervoCERVO, 7 DE XULLO. O Grupo Municipal Socialista de Cervo denuncia o estado de abandono no que encontramos o noso concello ben entrados en plena época estival, “os maiores atractivos turísticos como son as nosas praias, o paseo marítimo da ponta romana ou a área de descanso da Atalaia atópanse nunha situación lamentable”.

Neste ano 2015, por fin se recuperou unha das bandeiras azuis para a praia de O Torno pero “levábamos dende o 2012, catro anos consecutivos sen lograr ningunha. Unha mágoa que a falta de preocupación por estes distintivos siga sendo a tónica deste equipo de goberno, pois poderíamos ter logrado bastantes máis. Non debemos esquecer que chegamos a ter un total de tres bandeiras azuis. ¿qué é o que está a facer este equipo de goberno para non preocuparse nin o máis mínimo de conseguir este tipo de galardóns claves para unha boa proxección turística do noso concello?.

As bandeiras azuis non deixan de ser cada ano un atractivo turístico máis e “se deixamos de lado o turismo, tódolos sectores deste concello se verán afectados”.

Abandono do paseo marítimo
Non só estes galardóns son necesarios, tan importante como lograr estas enseñas é manter as infraestructuras do municipio en perfecto estado e “se observamos cómo se atopan o paseo marítimo da ponte romana ou a única área de descanso da Atalaia de San Ciprián, comprobamos a pasividade e desidia á que nos ten acostumados o noso alcalde, Alfonso Villares, nestes últimos anos”.

Os socialistas lamentan que “máis dun 50% do mobiliario desta área de descanso esté deteriorado, nin veciños nin turistas poden disfrutar deste espazo xa que a metade das mesas e bancos non valen para facer bo uso dos mesmos. E qué dicir do paseo marítimo, nun estado deplorable, en especial os cenadores, coas tablas levantadas e partes do teito caídas”.

Dende o GMS remataron sinalando que “é unha vergonza ver o noso concello nesta situación en pleno verán, cando máis turistas nos visitan e cando os veciños podemos disfrutar máis da nosa propia vila. Esiximos que se tomen medidas canto antes e se poñan a traballar para dar a mellor das imaxes aos cervenses e aos visitantes”.

Exit mobile version