Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo denuncian unha subida do custe total dos soldos do equipo de goberno do 100% respecto á pasada lexislatura

Ribadeo, 1 de xuño de 2015.- Este mércores no pleno debatirase, e entendemos que se aprobarán co voto do BNG, as distintas liberaciós que propón o alcalde así como a contratación da súa secretaria. Se sumamos ós soldos propostos os custes de seguridade social, que tamén terán que ser pagados cas arcas municipais, sae unha cantidade anual que ronda os 160.000 euros/ano (640.000 euros para os catro anos) o que supón duplicar o gasto respecto ó que atá ahora existía.

Parécenos unha grave falta de respeto hacia os veciños ditas medidas, entendemos que cun equipo de goberno tan numeroso como ten Ribadeo (10 concelleiros) son mans dabondo para realizar o traballo de goberno sen sangrar as arcas muncipais deste modo.

Exit mobile version