Site icon Crónica3.com A Mariña

Os técnicos da Xunta de Galicia informarán aos hosteleiros de Viveiro sobre o procedemento a seguir para realizar a reserva de entradas á praia das Catedrais

O vindeiro martes, 7 de xullo de 2015, ás 17.00 horas, na sala multiusos da Casa do Concello, terá lugar unha reunión informativa na que persoal técnico da Xunta de Galicia explicará os hostaleiros de Viveiro o procedemento a seguir para realizar a reserva de entradas de acceso á praia das Catedrais.

Esta reunión celebrarase grazas ás xestións realizadas polo Concello de Viveiro que, mediando ante a Xunta de Galicia, conseguiu que os técnicos autonómicos se desprazan a Viveiro para informar de primeira man ós hosteleiros do municipio sobre una cuestión que, ó noso parecer, é fundamental para estar preparados e saber informar correctamente ós seus clientes.

Exit mobile version