Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal interpretará un monólogo este sábado no Museo Provincial do Mar

San Cibrao, 31 de xullo de 2015.- Este sábado as 7 da tarde e dentro do progama de verán do Museo do Mar de San Cibrao, pertencente á rede de museos da Deputación Provincial de Lugo, en colaboración con “Os Aventados” e dentro da exposición “A Maruxaina e outras sereas”, que segue aberta todo o mes de agosto, Otero Regal interpretará un monólogo sobre as sereas, o mar e outras cousas, no propio museo e a entrada é libre e gratuita.

Otero Regal, ademais de ceramista, é debuxante e escritor e ten unha ampla bagaxe como artiguista e colaborador da prensa tanto escrita como radiofónica e nesta nova actividade “non fago máis que poñer en vivo e en directo as miñas reflexións escritas, empezo por Ulises, Grecia e Roma, política, mundo do mar, arte, humor e anécdotas varias, tratando de non aburrir ó persoal e que saia do acto cun amplo sorriso”

Exit mobile version