Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o grupo municipal do PSdeG de Foz o pleno do 29-07-2015 foi “un cumulo de sorpresas”

Foz, 31 de xullo de 2015.- O grupo municipal do PSdeG de Foz quere manifestar que o pleno do pasado día 29 foi un cúmulo de sorpresas, por non chamalo de outra forma.

A primeira sorpresa foi a forma de recibir a documentación. A capítulos. O último, unha acta dun pleno anterior para aprobar recibiuse no propio salón de plenos. Outra parte o día anterior. Outra tanda con dous días de antelación…… Un caos administrativo.

A lei e clara: “Las sesións plenarias has de convocarse, al menos, con dos días hábiles de antelación. La documentación íntegra de los asuntos incluídos en el orden del día, que deba servir de base al debate y, en su caso, votación, deberá figurar a disposición de los Concejales desde el mismo día de la convocatoria, en la Secretaría de la Corporación”. So hai que cumprir a lei.

A Seguinte sorpresa chegou no 2º punto do orden do día: “Dación de conta do informe de morosidade do primeiro trimestre de 2015”. O señor alcalde no pleno de investidura había dito: “… DE SER UN CONCELLO DEBEDOR A ESTAR AO DÍA, DE PROVOCAR DESCONFIANZA A SER UNA ADMINISTRACIÓN PAGADORA E SERIA, E DE NON TER POSIBILIDADE DE INVESTIMENTOS A SER UN DOS CONCELLOS MAIS SANEADOS DE GALICIA…. TAL E COMO DICE O INFORME DE INTERVENCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2015, COMENZAREMOS UNHA LEXISLATURA, SEN DÉBEDA BANCARIA, E MOI CERCA DE CUMPRIR A LEI DE PAGOS A PROVEEDORES”.

Pois ben, na documentación que nos entregaron, vemos que o final do 1º trimestre temos facturas pendentes de pago por un importe de mais de 1.400.000 euros do que preto do 85% está fora do período legal de pagos, incumprindo claramente a lei de pagos.

Si estas facturas, e mais que hai, estivesen pagadas, seguro que a situación non sería tan idílica como quere facer ver o alcalde.

Outra sorpresa no punto 5º: “Cesión para uso privativo de parcela pública sita no dominio público portuario autonómico de Foz para destinala a actividades náutico deportivo”. A sorpresa foi que un expediente que se iniciou no ano 2014, aínda a día de hoxe o Concello de Foz non ten a autorización previa de Portos de Galicia, necesaria para poder proceder a convocatoria pública.

Nova sorpresa no punto 7º: “Aprobación de facturas. Recoñecemento extraxudicial de crédito”. Resulta que parte das facturas que se presentan o cobro teñen reparos de intervención por diferentes motivos: “Unhas por non tratarse dun gasto do Concello, outras reparadas por fraccionarse un contrato. Dí a lei que non pode fraccionarse un contrato co finalidade de diminuír a cuantia do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos o procedemento de adxudicación que se correspondan. Vamos, un fraude de lei. Tamén se pode comprobar que non se cumpre a prelación de pagos, nin o prazo legal de pagos.

A seguinte sorpresa foron os puntos 8 e 9: Delegación de recaudación a Diputación Provincial e a adhesión o convenio con Sogama. No pleno de investidura o alcalde había dito: “….. O POBO, O PASADO 24 DE MAIO DECIDEU, O POBO DESEXA A PLURALIDADE DA CORPORACIÓN, NON QUERE MAIORIAS AUTORITARIAS, PERO DESEXA DIALOGO E ENTENDEMENTO. DESDE HOXE MESMO, QUERIDOS CONCELLEIROS, BRINDOME AO DIALOGO ABERTO E OFREZOME XUNTO COS MEUS COMPAÑEIROS DO GOBERNO A QUE NESTE PRÓXIMO MES ANTES DO PLENO DE ORGANIZACIÓN POÑAMOS ENCIMA DA MESA COMO QUEREMOS ABORDAR TODOS ESTES ASUNTOS E OUTRO IGUAL DE IMPORTANTE”.

Estes dous puntos presentounos directamente no pleno sen pasar por ningunha comisión, ni de asuntos de pleno, nin de contas. Alegou que xa viñan informados. Pero en todo caso virían informados por unha corporación anterior, na cal só había un membro dos actuais da oposición. E aínda que sexa legal, non e ético, e menos para quen dí querer consensuar os temas. Dende logo está non e a mellor maneira.

Nos non estamos en contra destes temas, e mais, temos ganas de valoralos seriamente e con intres. Pero o tratarse de cartos púbicos queremos que veñan acompañados de un informe económico no cal se cuantifiquen todas as variables que interveñan. Por iso pedimos que quedara sobre a mesa para un estudio serio e sosegado. Na forma en que foi levado o pleno mais ben parecía que quería colárnola.

Outra sorpresa foi o cambio de opinión do BNG no tema de adhesión a Sogama. Respetando por encima de todo a liberdade de opinión de cada quen, só faltaría, chamounos a atención como pasaron de votar en contra da adhesión no pleno de febreiro deste ano alegando alternativas a Sogama, a votar a favor nesta ocasión sen debate, e case sen tempo a ver o expediente.

Sorpresa foi tamén para nos a cabezonería do señor alcalde en non dar saída os veciños da praza Conde de Fontao cara a igrexa, e obrigalos a saír marcha atrás, ou dar volta na rúa, co risco que iso conleva. En cambio non cerra o paso igrexa arriba e abaixo dende o porto.

A última sorpresa chegou en rogos e preguntas. Preguntámoslle o señor Alcalde sobre a festa de San Martiño: ¿Qué forzas de seguridade había?, ¿Qué servizos médicos?, ¿Qué plans de emerxencia e de evacuación? E sobre todo, si se sacaran conclusións para evitar que no futuro puidese haber incidentes. Non temos nada contra a festa, todo o contrario, pero precisamente por iso queremos que se tomen as medidas axeitadas para que non teñan lugar incidentes. Respostanos que todo estivo moi ben organizado e que non pasou nada. Parece ser que o que a un traballador que ta ganando o pan lle abran a cabeza non é nada, e que varias persoas teñan que acudir o servizo de urxencias a ser atendidos de lesións non e nada. Neste tema o alcalde tamén quere eludir as súas responsabilidades. A resposta tivémola hoxe cando lemos na prensa o que di un sindicato de policía que nesa festa se viron desbordados, que o todo vale adueñouse da localidade e que o alcalde non os recibe dende marzo.
Para ser o primeiro pleno da nova corporación xa tivemos ben sorpresas. No próximo o mellor xa non nos sorprendemos tanto.

Exit mobile version