Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras fará a Ruta do Río Masma

Burela, 27 de xullo de 2015.- O vindeiro domingo día 2 de agosto a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai desplazarse a Lourenzá para facer a Ruta do Río Masma de 12 quilómetros e dificultade baixa.

O prezo será de 10 € para os socios e de 15 para os que non o son.

A saída será ás 8,30 h. da mañá da Estación de Autobuses de Burela.

O remate da ruta haberá unha gran churrascada na área recreativa da Cazolga invitados pola Asociación Terras de Lourenzá.

Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do mércores, día 29 de xullo ás 20,00 h.

Exit mobile version