Site icon Crónica3.com A Mariña

Premios do “Juepeo” de Viveiro no mes de xuño

Viveiro, 2 de xullo de 2015.- Unha vez finalizado o Juepeo do mes de xuño, entre todas as papeletas que os clientes foron cubrindo ó probar as tapas, realizouse o sorteo de 200€ en vales de consumición. Os agraciados foron:

Cun premio de 100€ Tamara Gómez cunha papeleta cuberta en Belle Epoque.
Con 50€ Francisco Gómez cunha papeleta cuberta en Mesón O Recuncho.
Con outros 50€ Josefina Méndez cunha papeleta cubierta tamén en Mesón O Recuncho.

Poderán gastar o seu premio durante todo o mes de xullo nos locais participantes na campaña, que son un total de 10.

No mes de xuño servíronse case 4600 tapas, superando as expectativas para esta campaña que arrancaba no mes de maio.

Retomarase na segunda quincena de setembro, sendo o primeiro Xoves de Tapeo o día 17.

Exit mobile version