Site icon Crónica3.com A Mariña

Preséntase o Augacons Lourenzá de 1ª Autonómica

Santa Cruz acolleu este xoves 23 de xullo a posta en escea do proxecto das Escolas Deportivas Lourenzá para a 1ª Autonómica despois do seu fugaz paso pola 2ª.

Ao acto asistiron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, e o Presidente das Escolas, Pablo Maseda; así como o resto de directivos do club e público en xeral.

Logo da foto da plantilla e do corpo técnico, tamén se tomou unha fotografía de familia coa nova directiva que formará parte deste novo proxecto que encara nesta temporada o 20 aniversario do club Escolas Deportivas Lourenzá.

Exit mobile version