
Este venres día 10 de xullo ás oito e media da tarde na Librería Bahía presentarase o libro Traca-Traco, do poeta mariñán Paco Rivas, con ilustracións de Otero Regal. Trátase dunha colección de cantigas de nanar e arrolos, sinxelas e fermosas, musicadas e cantadas no CD que acompaña ao libro por Maruxa, Tereixa, Carmen e Antón Castro (Fuxan os Ventos); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Angela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo). Participarán no acto o autor, Paco Rivas, Otero Regal e algún dos músicos que participan no traballo que se presenta.