Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira inaugura a mostra “De la atracción del color a la fuerza del trazo” de Costafreda

costafredaA pintora COSTAFREDA inaugura o martes 7 de xullo, ás 20.30 horas, na sala de exposicións de RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición “De la atracción del color a la fuerza del trazo” nun acto no que se ofrecerá un viño galego e algo de comer.

“Nesta ocasión, a exposición componse da selección de cadros que me definiron durante os últimos 20 anos, como son outonos, bosques, paseos moi coloristas e cunha inspiración oriental na súa composición e, como novidade, pódense ver os últimos traballos realizados cunha técnica milenaria que é a pintura xaponesa sumí-e. Na miña búsqueda por simplificar e a miña atracción pola línea e a mancha, dediquei estes últimos anos a investigar e traballar na pintura xaponesa, descartando cores e apreciando a gama de negros en busca da esencia do obxecto pintado”.

Exit mobile version