Site icon Crónica3.com A Mariña

Rescatan a un home en Cervo tras caer nunhas rochas cando pescaba

Os efectivos do GES de Cervo rescataron este xoves a mediodía a un home que caera nunhas rochas cando pescaba na zona do porto pequeno de San Cibrao.

O particular que alertou do suceso indicou que o varón, a consecuencia da caída, podería ter unha perna rota. Pese a que o acceso ao ferido podía realizarse por terra, e non foron precisos medios marítimos, os técnicos sanitarios desprazados ao punto requiriron a axuda de medios de rescate para evacuar ao ferido.

Posteriormente, o home foi trasladado en ambulancia ao centro sanitario de referencia. Tras rexistrar a alerta minutos antes das 13.30 horas deste xoves, o CAE 112 Galicia informou á Garda Civil e á Autoridade Portuaria, ademais dos Bombeiros de Viveiro, aínda que non chegaron a intervir. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

Exit mobile version