Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultados de IADOVI no XV Campionato de España de Tiro con Arco na categoría Cadetes

IMG_20150628_154402243San Cibrao, 1 de xullo de 2015.- O fin de semana pasado celebrouse en Madrid o XV Campionato de España de tiro con arco en aire libre para a categoría Cadete, a el asistiron do Club IADOVI Gabriel Galante Briones e Francisco Botelho Melo. Cunha calor sofocante os arqueiros no puideron igualar as súas mellores marcas ata a fecha, tras finalizar o round clasificatorio Francisco situábase no posto 35 con 487 puntos (257/230), o que o descabalgaba da competición. Pola súa parte, Gabriel finalizaba 7º, tras conseguir 617 puntos (305/312).

O domingo disputábanse os enfrontamentos eliminatorios. En 16vos de final o primeiro contrincante de Gabriel foi da Federación Castelán-Leonesa, ó que Gabriel vence cómodamente por un 6-0 en sets. En 8vos de final o seu adversario pertencente á Federación Madrileña poñíallo un poco más difícil: tras perder o primeiro set, Gabriel inicia a remontada sen deixar de perder outro set máis, finalizando 6-2 a favor do arqueiro de IADOVI. Xa en 4tos de final, o seu contrincante, un vello coñecido: Ken Sánchez da Federación Madrileña. Nesta ocasión con puntuacións moito máis axustadas, ambos arqueiros fixeron valer a súa calidade tecnica: primeiro set Gabriel 27 puntos, Ken 29; set para Ken (2 a 0). Segundo set, Gabriel está máis fino e logra o 29 a tan só un punto da máxima puntuación de set, Ken 27, iguálase o resultado a sets (2 a 2). Terceiro set, os arqueiros conseguen a mesma puntuación, 28 a 28, co que colocan o marcador de sets 3 a 3. Cuarto set gaña Ken 29 a 26 e con isto toma a ventaxa nos sets 5 a 3; o que pon a Gabriel na tesitura de gañar si ou si o siguiente set, xa que tan só co empate élle suficiente a Ken para gañar o enfrontamento. Quinto set: non hai sorte, Gabriel non logra superar ó seu adversario e pierde o set, e con isto o enfrontamento, 7 a 3 a favor do madrileño.

A ledicia viría dada na competición por equipos mixtos: tras perder o primeiro enfrontamento contra a federación madrileña, o equipo galego integrado por Gabriel Galante e Cristina Castro, pertencente ó Club Sílex das Pontes de García Rodríguez, lograrían a terceira praza ó vencer 6 a 0 á Federación Castelán-Leonesa.

Exit mobile version