Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos do PP de Viveiro de cara ó próximo pleno municipal

Viveiro, 29 de xullo de 2015.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Os canóns dos Xardíns Noriega Varela atopanse nun lamentable estado de abandono, dando unha mala imaxe da nosa cidade, o cal é unha pena sobre todo nas datas que nos encontramos nas que nos visitan moitos turistas. Adxuntamos fotografías para corroborar dito estado. Por esta razón rogamos á Sra. Alcadesa que adopte as medidas oportunas para mellorar o seu aspecto.

2º) Facéndonos eco das demandas de moitos veciños que viven na Rúa Alonso Pérez, que nos levan manifestando durante os últimos anos o mal estado do firme de dita rúa, feito que xa lle teñen comunicado ó Concello en numerosas ocasións. O Concello acostuma a tapar as fochancas de forma pouco axeitada, xa que os poucos días volven a aparecer facéndose cada vez máis grandes. Para que o poidan comprobar adxuntamos fotografías do mal estado actual de dita rúa.

Por esta razón rogamos á Sra. Alcadesa adopte as medidas necesarias para a súa reparación.

É polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcadesa que se proceda a pavimentación e adecentamento da Rua Alonso Pérez de forma definitiva e duradeira e adecenten os cañóns na maior brevidade posible.

Exit mobile version