Site icon Crónica3.com A Mariña

Romaría a Sargadelos dende Trasbar

trasbar-sargadelosUn grupo de veciños de Trasbar foron andando á romaría do Santiago, dende o local social de Trasbar ata Sargadelos, o pasado sábado. Saíndo de Trasbar ás 10.30 horas e, logo de camiñar durante case dúas horas, chegaron a Sargadelos onde ó igual que o resto dos romeiros, asistiron á misa, á procesión e á sesión vermú. Despois puideron xantar todos xuntos e rematar a tarde con parchís e tute ou cun percorrido polo paseo dos namorados.

Exit mobile version