Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta mixta de sendeirismo e kayaks este “Mércores de Natureza” no Vicedo

547890_4457552884998_864266708_nO Vicedo, 27 de xullo de 2015.- Este 29 de xullo a actividade de Mércores de Natureza do Vicedo será mixta, de sendeirismo e kayaks. Comezarase percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcaranse nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.

Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.

Exit mobile version