Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta nocturna de Pasada das Cabras a San Cibrao

Burela, 13 de xullo de 2015.- O vindeiro sábado día 18 de xullo a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a facer coma todos os anos a Ruta Nocturna a San Cibrao.

A saída será ás 10 da noite da Praza da Mariña, e o chegar a San Cibrao haberá chocolatada con churros no bar “O Noso Lar” totalmente gratuíta para todos os asistentes.

Recoméndase levar chaleco reflectinte e linterna.

Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do venres, día 17 de xullo ás 20,00 h.

Exit mobile version