Site icon Crónica3.com A Mariña

Santos Ramos: “A Conselleira de Sanidade veu a Lugo a deixar ben claro por que é persoa non grata na provincia”

Lugo, 15 de xullo de 2015.- O Deputado provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, subliñou este mércores que “Rocío Mosquera estivo na cidade luguesa exclusivamente de excursión. Veu a anunciar a petición de permisos para a presunta posta en marcha de Radioterapia no Hula, que xa podería ter tido solicitado hai anos. Segue ser dar unha data para o funcionamento desta prestación na nosa provincia, posto que nin tan sequera sabe cando vai a contratar o persoal necesario, mentres 600 lucenses se desprazan anualmente á Coruña e a Santiago para recibir este tratamento. E nin tan sequera fixo menciona ao servizo de Hemodinámica as 24 horas. Sen dúbida, a Conselleira de Sanidade veu a Lugo a tomarnos a pelo de novo a todos os lucenses, e a deixar ben claro por que é persoa non grata nesta provincia”.

“Máis de 40.000 lucenses, os que asinaron a ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego, deixárono ben claro: a provincia de Lugo quere de xeito inmediato a dotación no público, é dicir no Hula, dos servizos públicos de Radioterapia, Hemodinámica as 24 horas e Medicina Nuclear. Queremos os mesmos servizos sanitarios que o resto de galego. A Xunta do PP está a discriminar aos lucenses e a incumprir co aprobado no Parlamento galego, na Deputación de Lugo e nos Concellos da provincia”, remarcou.

Por todo isto, o Deputado socialista instou á Presidenta da Deputación de Lugo a que se pronuncie. “Candia debe explicar aos lucenses que vai a facer o seu Goberno Provincial, se vai esixir aos seus compañeiros do PP no Executivo galego a inmediata posta en marcha destes servizos na nosa provincia, ou ben vai a seguir exercendo de Delegada da Xunta en Lugo, competindo con Raquel Arias e antepoñendo os seus intereses partidistas aos dos lucenses”

“Os socialistas fixemos unha proposta ben clara á Xunta de Galicia: financiar dende a Deputación de Lugo a posta en marcha no Hula do servizo público de Hemodinámica as 24 horas. ¿Que vai a facer Candia e o seu Goberno con esta proposta aprobado no Pleno Provincial”, preguntou.

Exit mobile version